Legislación de la Orientación Educativa en Galicia I: Concepto y Organización del Servicio de Orientación

Description

Este documento aporta los artículos específicos, así como los enlaces a los correspondientes Decretos y Órdenes que los desarrollan, en los que se establecen los conceptos de Orientación, la creación, componentes y competencias del Departamento, etc. aplicado a la CCAA de Galicia.
Tania Yadira Pinzón Durán
Note by Tania Yadira Pinzón Durán, updated more than 1 year ago More Less
Lara Rodríguez
Created by Lara Rodríguez about 8 years ago
Tania Yadira Pinzón Durán
Copied by Tania Yadira Pinzón Durán over 7 years ago
6
0

Resource summary

Page 1

BLOQUE I. CONCEPTO E ORGANIZACIÓN DO SERVIZO DE ORIENTACIÓN ORIENTACIÓN 1. CONCEPTO DE ORIENTACIÓN 1.1. MARCO TEÓRICO: PRINCIPIOS POLOS QUE SE RIXE 1.2. MARCO NORMATIVO 2. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: SERVICIO INTERNO DOS CENTROS 2.1. CREACIÓN 2.2. COMPONENTES 2.3. COMPETENCIAS 3. XEFATURA DE DEPARTAMENTO 3.1. CREACIÓN 3.2. COMPETENCIAS 4. EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO: SERVICIO EXTERNO 4.1. CREACIÓN 4.2. COMPONENTES 4.3. COMPETENCIAS 5. FONTES DE INFORMACIÓN ORIENTACIÓN 1. CONCEPTO DE ORIENTACIÓN 1.1. MARCO TEÓRICO: PRINCIPIOS POLO QUE SE RIXE. O marco teórico aparece recollido no preámbulo do Decreto 120/1998, da seguinte maneira: A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo no seu artigo 2º, apartado 3º, establece a atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional entre os principios ós que debe atende-la actividade educativa. O artigo 55 da citada lei determina que os poderes públicos prestarán atención prioritaria ó conxunto de factores que favorecen a calidade e mellora do ensino, citando entre eles a orientación educativa e profesional. O artigo 60.1º desta lei dispón que a titoría e a orientación dos alumnos formarán parte da función docente e atribúe a cada grupo de alumnos a atención dun profesor titor. Nesta liña, o artigo 60.2º da mesma lei establece que as administracións educativas garantirán a orientación académica, psicopedagóxica e profesional dos alumnos, especialmente no que se refire ás distintas opcións educativas e á transición do sistema educativo ó mundo laboral, prestando singular atención á superación de hábitos sociais discriminatorios que condicionan o acceso ós diferentes estudios e profesións. A coordinación das actividades de orientación levarana a cabo profesionais coa debida preparación. Isto implica concibi-la orientación educativa desde dúas perspectivas: por unha banda, a realización por profesionais da atención individualizada -e non excluínte-dos problemas de aprendizaxe e, pola outra, a consideración da actividade orientadora como un ámbito máis de actuación da función docente. Así, vemos como a educación asume a misión de posibilitar que todos e cada un dos cidadáns desenvolva na escola o máximo das súas potencialidades e elabore un proxecto de vida persoal que poida transcender, se é o caso, condicionantes de partida desfavorables. Este reto, que asume a escola como lugar de construcción da igualdade de oportunidades, implica un rotundo cambio, tanto teórico como institucional, na concepción, organización e desenvolvemento da orientación educativa. En consecuencia, supérase a concepción da orientación unicamente como axuda externa puntual aportada polo experto e téndese ó concepto da orientación como actuacións que se desenvolven dentro da actividade educativa e inseridas no contexto económico e sociocultural no que se desenvolve o individuo. Esta atención educativa debe garantirse desde as primeiras idades do alumnado para permiti-la prevención e detección temperá das súas dificultades no desenvolvemento persoal ou da aprendizaxe e o seguimento continuado da súa evolución. Igualmente, a función titorial do profesorado debe verse apoiada por un especialista da orientación que, mediante estratexias de colaboración, facilite a mediación entre os intereses e demandas do alumnado e as ofertas socioeconómicas e profesionais da comunidade. Esta colaboración entre o profesional da orientación e os docentes será á que permitirá o desenvolvemento dun alumnado que teña unha imaxe completa e adecuada de si mesmo e das súas posibilidades no mundo laboral. Os departamentos de orientación han de constituír dentro de cada centro o garante de que a orientación forma parte esencial da actividade educativa e de que se establece unha vía de asesoramento permanente ó profesorado e ás familias. Así, enténdese a orientación como un proceso que inclúe a toda a comunidade educativa, que comeza desde a escolarización do neno e da nena e remata ó finaliza-las ensinanzas non universitarias. Este proceso abrangue a toda a poboación escolar, calquera que sexa o tipo e grao de diversidade que presente. Trátase dun proceso global que integra aspectos relativos ó desenvolvemento persoal, ós procesos de ensino-aprendizaxe e á toma de decisións. Esta última debe capacita-los estudiantes para, perante as distintas alternativas, optar de forma fundamentada e responsable pola modalidade académica ou profesional que máis se adapte ou conveña ós seus intereses e características. Vemos, en consecuencia, que o ámbito de actuación dos profesionais da orientación ha de amplia-la súa intervención, tomando en consideración as variables nas que se contextualiza a actuación docente e que son aqueles aspectos socioeconómicos e culturais da zona na que esta se desenvolve. Esta ampliación da súa actuación á comunidade na que se localiza o centro educativo implica a necesidade de coordinación con profesionais especializados, tanto en ámbitos da psicopedagoxía como de servicios sociais ou sanitarios. En consonancia con esta concepción da orientación educativa, por unha parte, o Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, no artigo 53, establece que neses centros existirá un departamento de orientación; e, pola outra, o presente decreto crea equipos de orientación específicos cunha composición profesional que poida dar resposta ás necesidades de intervención externa ligadas a aspectos psicopedagóxicos específicos e a cuestións sociais ou mesmo familiares que teñen incidencia no ámbito educativo. Por outra banda, no Decreto 87/1995, do 16 de marzo, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos de educación infantil, educación primaria e de educación secundaria, disponse que os centros de educación primaria estarán adscritos a institutos de educación secundaria para os efectos de que o alumnado teña predeterminado o instituto no que vai continua-la súa escolarización sen necesidade de trámite de admisión, todo isto sen prexuízo da liberdade de elección de centro. Do exposto despréndese a conveniencia de que se creen igualmente departamentos de orientación nos colexios de educación infantil e primaria, e de educación primaria, de xeito que se estableza un plan común de actuación dos departamentos de orientación dos institutos de educación secundaria cos departamentos de orientación dos centros que teñen adscritos. Os departamentos de orientación dos institutos de educación secundaria deben estar dirixidos, con carácter xeral, por un funcionario do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de psicoloxía e pedagoxía, creada polo Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, polo que se establecen as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e se adscriben a elas os profesores correspondentes do dito corpo e se determinan as áreas e materias que deberá imparti-lo profesorado respectivo. Os departamentos de orientación dos colexios de educación infantil e primaria, e de educación primaria deben estar coordinados por un mestre, responsable da orientación, que formará parte do departamento de orientación do instituto de educación secundaria ó que estea adscrito o centro. Os equipos psicopedagóxicos de apoio veñen desenvolvendo as súas funcións nos centros públicos de educación infantil, primaria, secundaria e, se é o caso, nos centros de educación especial,como se recolle no apartado segundo do punto primeiro da resolución da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, con data do 26 de novembro de 1996. A titulación que posúen os membros dos equipos psicopedagóxicos de apoio, a experiencia acumulada no campo da orientación educativa, así como a razoable utilización dos recursos humanos dos que se dispón cando se procede a unha reorganización dos servicios, aconsella e xustifica a adscrición destes profesionais ós departamentos de orientación ou ós equipos de orientación específicos, sen que isto implique unha modificación da situación xurídica destes funcionarios ou persoal laboral. 1.2. MARCO NORMATIVO DECRETO 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. (DOG 9 de agosto). Artigos 31, 53.1 a) 54, 55, 56, 57, 58,59,60,77,94 ORDE do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento. (DOG 2 de setembro). Artigos 49, 50, 53, 57,59,60,62,63,64,67.68 DECRETO 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG do 27 de abril) ORDE do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998. (DOG 31 de xullo). 2. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: SERVICIO INTERNO DOS CENTROS 2.1. CREACIÓN A creación do Departameto de Orientación como servicio interno dos centros aparece regulada no Decreto 120/1998 e na Orde do 24 de xullo de 1998. Artigo 1º (Decreto 120/1998) 1. Nos institutos de educación secundaria créase un departamento de orientación que abranguerá no seu plan de actuación as escolas de educación infantil, os colexios de educación infantil e primaria, e os de educación primaria adscritos a el. 2. Nos colexios de educación infantil e primaria, e nos colexios de educación primaria créase, nas condicións que a Administración educativa determine, un departamento de orientación que abranguerá no seu ámbito de actuación, ademais do propio centro, aqueloutros centros incompletos da mesma zona de escolarización, e que estará coordinado por un mestre responsable da orientación educativa, que exercerá as súas funcións como xefe do dito departamento. Artigo 2º (Orde do 24 de xullo de 1998) Créanse os departamentos de orientación: a) Nos institutos de educación secundaria e nos centros públicos integrados. b) Nos colexios de educación infantil e primaria e nos colexios de educación primaria de doce ou máis unidades e nos centros específicos de educación de adultos. c) Poderán crearse departamentos de orientación nos colexios de educación infantil e primaria e nos colexios de educación primaria de menos de doce unidades, cando as circunstancias de dispersión da poboación así o aconsellen. 2.2. COMPOÑENTES A composición dos Departamentos de Orientación aparece regulada no Decreto 120/1998 e na Orde do 24 de xullo de 1998, da seguinte forma: Artigo 3º (Decreto 120/1998) Formarán parte do departamento de orientación dos institutos de educación secundaria: a) Os funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, da especialidade de psicoloxía e pedagoxía existentes no centro. Un destes funcionarios desempeñará a xefatura do departamento, agás nos supostos establecidos neste decreto. b) O profesor ou profesora de pedagoxía terapéutica e, naqueles centros nos que estea catalogado, o especialista de audición e linguaxe, que exercen a función de apoio á atención ó alumnado con necesidades educativas especiais, destinados no instituto de educación secundaria. c) O xefe do departamento de orientación, se é o caso, de cada un dos colexios de educación infantil e primaria e de educación primaria adscritos ó instituto de educación secundaria. d) Un titor ou titora por cada un dos ámbitos lingüístico-social e científico-tecnolóxico, designados polo director ou directora, por proposta da comisión de coordinación pedagóxica. Na designación procurarase que existan profesores de cada unha das etapas educativas que imparte o centro ou, cando corresponda, de distintos niveis educativos. e) Nos institutos nos que se imparta formación profesional específica, incorporarase ó departamento de orientación un profesor ou profesora que imparta a área de formación e orientación laboral designado polo director por proposta da comisión de coordinación pedagóxica. Artigo 4º (Decreto 120/1998) Formarán parte do departamento de orientación dos colexios de educación infantil e primaria, e de educación primaria: a) O xefe do departamento de orientación, que será un funcionario ou funcionaria do corpo de mestres, preferentemente en posesión da titulación do título de doutor ou licenciado en psicopedagoxía, ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidades de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidades de pedagoxía ou psicoloxía) b) O profesor ou profesora de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe, que exercen a función de apoio á atención do alumnado con necesidades educativas especiais. c) Os coordinadores de ciclo e, se é o caso, un mestre de educación infantil, designado pola dirección, por proposta da comisión de coordinación pedagóxica. d) O mestre responsable ou o director dos colexios incompletos da zona de escolarización que se determinen. Artigo 4º (Orde do 24 de xullo de 1998) 1. O departamento de orientación dos institutos de educación secundaria e dos centros públicos integrados terá a composición establecida no artigo 3 do Decreto 120/1998, do 23 de abril. 2. A xefatura do departamento de orientación será desempeñada polo funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade «Psicoloxía e pedagoxía», agás nos supostos recollidos na disposición adicional terceira do dito Decreto 120/1998, do 23 de abril, e sen prexuízo da reserva prevista na disposición transitoria segunda. 3. Cando no instituto de educación secundaria ou no colexio público integrado exista máis dun funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, da especialidade de «Psicoloxía e pedagoxía», o nomeamento e cesamento do xefe de departamento realizarase de conformidade co establecido nos artigos 74 e 76 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo e nos apartados 51 e 52 da Orde do 1 de agosto de 1997, pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento. 2.3. COMPETENCIAS A regulación das competencias que lle corresponden aos Departamentos de Orientación dos centros aparece recollida no Decreto 120/1998 e na Orde do 24 de xullo de 1998, da seguinte maneira: Artigo 6º (Decreto 120/1998) 1. Os departamentos de orientación desenvolverán as súas funcións naqueles ámbitos relacionados coa orientación psicopedagóxica, académica e profesional, e terán as seguintes competencias: a) Valora-las necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención. b) Elaborar, de acordo coas directrices establecidas polas comisións de coordinación pedagóxica, as propostas do plan de orientación académica e profesional, e do plan de acción titorial dos centros, así como coordina-lo profesorado e ofrecerlle soporte técnico para o desenvolvemento destes plans. c) Participar na elaboración dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención ó alumnado con necesidades educativas especiais e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de altas capacidades que presenten os alumnos e as alumnas. e) Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade. f) Facilitarlle ó alumnado o apoio e o asesoramento necesarios para enfronta-los momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa e, cando corresponda, a elección de optativas ou de itinerarios formativos, a resolución de conflictos de relación interpersoal ou a transición á vida profesional. g) Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos e en calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación. h) Promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos. i) Favorece-lo proceso de maduración vocacional orientando e asesorando o alumnado sobre as súas posibilidades académicas e profesionais, así como as ofertas do seu contorno que lle faciliten elixir responsablemente. l) Nos institutos onde se imparta formación profesional específica, coordina-la orientación laboral e profesional con outras administracións ou institucións. m) Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións. Artigo 5º (Orde 24 xullo de 1998) Son competencia do departamento de orientación dos institutos de educación secundaria e centros públicos integrados as funcións seguintes: a) Valora-las necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención do seu ámbito de actuación. b) Elaborar, de acordo coas directrices establecidas pola comisión de coordinación pedagóxica, as propostas do plan de orientación académica e profesional, e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado soporte técnico para o desenvolvemento destes plans. c) Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención ó alumnado con necesidades educativas especiais e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá, se é o caso, do seu alumnado e o dos colexios e escolas que lle sexan adscritos e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivados tanto de condicións desfavorables como de altas capacidades que presenten os alumnos e alumnas. e) Participar na avaliación psicopedagóxica conforme a normativa ó respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade. f) Facilitarlle ó alumnado o apoio e o asesoramento necesarios para adquirir habilidades básicas de vida e enfronta-los momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa, a elección de optativas ou de itinerarios formativos, a transición á vida profesional e a resolución de conflictos de relación interpersoal. g) Informa-lo alumnado dos recursos laborais e profesionais ó seu alcance e propoñe-la realización de actividades de orientación que lle faciliten a toma de decisións sobre o seu futuro. h) Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de orientación. i) Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outro relacionado co seu ámbito de actuación. l) Promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos, especialmente no relativo á motivación, á construcción do autoconcepto e da autoestima e no proceso de toma de decisións. m) Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións no ámbito das súas competencias. n) Nos institutos onde se imparta formación profesional específica, coordina-la orientación laboral e profesional con outras administracións o institucións. o) Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións. Artigo 10º (Orde do 24 de xullo de 1998) Son competencia do departamento de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e de educación primaria as funcións seguintes: a) Valora-las necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención. b) De acordo coas directrices establecidas no plan de orientación deseñado conforme o que se establece no artigo 13º da presente orde e da comisión de coordinación pedagóxica do centro, elabora-las propostas do plan de orientación académica e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento deste plan. c) Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alum nado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas. e) Participar na avaliación psicopedagóxica conforme a normativa ó respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade. f) Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de conflictos de relación interpersoal. g) Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outro relacionado co seu ámbito de actuación. h) Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención. i) Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas, promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e intereses; adquisición de hábitos de hixiene e de autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado. l) Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións no ámbito das súas competencias. m) Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións. 3. XEFATURA DE DEPARTAMENTO 3.1 CREACIÓN Artigo 53 (Orde do 1 de agosto de 1997) a) O xefe de departamento, que será un funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de psicoloxía e pedagoxía. Ademais, de se-lo caso, desempeñarán o dito cargo os profesores que a través da resolución dos concursos de traslados ocupen unha praza de psicoloxía e pedagoxía, aínda que non posúan a especialidade ou un funcionario de carreira adscrito ó instituto. 3.2 COMPETENCIAS As competencias e funcións que corresponden á xefatura do Departamento de Orientación aparecen recollidas no Decreto 120/1998 e na Orde do 24 de xullo de 1998, nos seguintes artigos: Artigo 7º (Decreto 120/1998) A xefatura dos departamentos de orientación terá as seguintes funcións: a) Dirixir e coordina-las actividades e actuacións propias do departamento. b) Responsabilizarse da redacción do plan de actividades do departamento, velar polo seu cumprimento e elabora-la memoria final de curso. c) Participar na elaboración do proxecto educativo e do proxecto curricular de etapa, representando o departamento na comisión de coordinación pedagóxica. d) Convocar e presidi-las reunións do departamento conforme o procedemento que se estableza. e) Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso. f) Coordina-la organización de espacios e instalacións para a orientación, a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación. g) Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas, se é o caso, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme o procedemento que se estableza. h) Facilita-la colaboración entre os membros dos departamentos de orientación implicados. i) Coordinar, en colaboración co profesor ou profesora de apoio, a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado. l) Aqueloutras funcións que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación Artigo 6º (Orde do 24 de xullo de 1998) 1. A xefatura dos departamentos de orientación terá as seguintes funcións: a) Representa-lo departamento na comisión de coordinación pedagóxica. b) Dirixir e coordina-las actividades e actuacións propias do departamento e facilita-la colaboración entre os seus membros. c) Responsabilizarse da redacción do plan anual do departamento e velar polo seu cumprimento; así como da elaboración e redacción da memoria final de curso. d) Convocar e presidi-las reunións ordinarias do departamento e as que con carácter extraordinario fose preciso celebrar, levantando a acta correspondente. e) Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso. f) Coordina-la organización de espacios e instalacións para a orientación, así como a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación. g) Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas do seu centro e, se é o caso, as dos centros que lle sexan adscritos, así como asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme o procedemento e criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse, cando cumpra, da elaboración do informe psicopedagóxico. h) Coordina-las accións dos profesores de apoio na atención do alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado. i) Participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas. l) Aqueloutras funcións que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación. 2. A participación do xefe do departamento de orientación nas sesións de avaliación responderá ás súas competencias de asesoramento e apoio ó profesorado e asistirá a elas con voz e sen voto. Artigo 11º (Orde do 24 de xullo de 1998) 1. Sen prexuízo do establecido no Decreto 374/1996, do 17 de outubro, do regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, os xefes ou xefas dos departamentos de orientación dos ditos centros terán as seguintes funcións: a) Dirixir e coordina-las actividades e actuacións propias do departamento de orientación. b) Responsabilizarse da redacción do plan anual de actividades do departamento, velar polo seu cumprimento e elabora-la memoria final de curso. c) Representa-lo departamento na comisión de coordinación pedagóxica. d) Convocar e presidi-las reunións ordinarias do departamento e as que con carácter extraordinario fose preciso celebrar, levantando a acta correspondente. e) Asistir ás reunións convocadas polo xefe ou xefa do departamento de orientación do instituto de educación secundaria ó que está adscrito. f) Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso. g) Coordina-la organización de espacios e instalacións para a orientación, así como a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación. h) Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que se indican no artigo 4 a) do Decreto 120/1998, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme o procedemento e os criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse da elaboración do informe psicopedagóxico. i) Coordinar, en colaboración cos profesores ou profesoras de apoio, a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado. l) Participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas. m) Aqueloutras funcións que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación. 2. A participación do xefe do departamento de orientación nas sesións de avaliación responderá ás súas competencias de asesoramento e apoio ó profesorado e asistirá a elas con voz e sen voto. . 4. EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO: SERVICIO EXTERNO A creación, así como os componentes e as competencias dos Equipos de Orientación Específicos, encóntrase regulada polo Decreto 120/1998. 4.1 CREACIÓN Artigo 2º (Decreto 120/1998) Créanse os equipos de orientación específicos, que abranguerán no seu plan de actuación os institutos de educación secundaria, as escolas de educación infantil, os colexios de educación infantil e primaria, os colexios de educación primaria e os colexios de educación especial que a Administración educativa determine, en función do ámbito territorial que ós ditos equipos se lles asigne. 4.2 COMPOÑENTES Artigo 5º do Decreto 120/1998 1. O equipo de orientación específico terá a composición que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determine en función da avaliación das necesidades educativas nas que contextualizan as accións docentes e, en todo caso, formarán parte del: a) Un funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, da especialidade de psicoloxía e pedagoxía, coa titulación de psicoloxía ou psicopedagoxía. b) Un funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, da especialidade de psicoloxía e pedagoxía, coa titulación de pedagoxía ou psicopedagoxía c) Un funcionario de carreira do corpo de mestres especialista en audición e linguaxe. d) Un traballador social e/ou educador social 4.3 COMPETENCIAS Artigo 8º do Decreto 120/1998 Os equipos de orientación específicos terán as seguintes funcións: a) Asesorar e apoia-los departamentos de orientación dos centros docentes que se lles adscriban. b) Desenvolver programas de investigación, elaboración, recompilación e difusión de recursos para darlles resposta ás necesidades específicas do alumnado. c) Colaborar cos departamentos de orientación na avaliación psicopedagóxica do alumnado, cando sexa necesaria a intervención dun profesional externo ó centro. d) Contribuír á formación especializada dos departamentos de orientación e do profesorado no ámbito das necesidades educativas especiais que atenden. e) Colaborar con outros servicios educativos e sociais, no ámbito das súas competencias. f) Calquera outra que se lles puidese encomendar no ámbito das súas funcións 5. FONTES DE INFORMACIÓN DECRETO 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. (DOG 9 de agosto). Artigos 31, 53.1 a) 54, 55, 56, 57, 58,59,60,77,94 ORDE do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento. (DOG 2 de setembro). Artigos 49, 50, 53, 57,59,60,62,63,64,67.68 DECRETO 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG do 27 de abril) ORDE do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998. (DOG 31 de xullo).

Show full summary Hide full summary

Similar

Legislación de la Orientación Educativa en Galicia II: Medidas de atención a la diversidad
Lara Rodríguez
Temario de la especialidad de Orientación Educativa (Galicia)
Lara Rodríguez
FGM-11. DERECHOS Y DEBERES DE LOS MIEMBROS DE LAS FUERZAS ARMADAS
antonio del valle
FGM-6. RÉGIMEN INTERIOR DEL ET.
antonio del valle
FGM-8. RÉGIMEN DISCIPLINARIO DE LAS FUERZAS ARMADAS
antonio del valle
FGM-2 LA DEFENSA NACIONAL: ORGANIZACIÓN BÁSICA Y OBJETIVOS
antonio del valle
FGM-1. ORDENAMIENTO CONSTITUCIONAL Y FUERZAS ARMADAS
antonio del valle
FGM-9. CÓDIGO PENAL MILITAR
antonio del valle
Constitución Española
Javier Salgado V
Orientación educativa. Temario Oposiciones
sarely.montero
Diapositivas de la orientación educativa
Krysthy